07/05/22

VIII Carreira Camiño das Letras - Presentación

 A Consellaría de Cultura, Educación e Universidade, por medio das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, en colaboración con Xurdir S.L., organiza a VIII edición da Carreira Camiño das Letras, que busca unir a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras Galegas e o simbolismo do Camiño de Santiago. 

Os participantes poden escoller entre dúas probas: unha de 15 Km que partirá desde o Pico Sacro, seguindo a Ruta da Prata ata a Cidade da Cultura; e outra de 5 Km, tamén na contorna da Cidade da Cultura. 

 A recadación solidaria dun euro por participante estará destinada á Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE). Ademais, cada corredor recibirá un libro de agasallo xunto á entrega do dorsal.