07/05/22

Orde e fraternidade. Historia do Banquete de Conxo

 A carballeira de Conxo reúne ás árbores centenarias, testemuñas daquel 2 de marzo de 1856. Á súa sombra celebrouse un xantar de confraternización entre artesáns e estudantes causando terror entre as forzas vivas dunha cidade universitaria e clerical como Compostela. Voltamos á carballeira para contarvos a historia do afamado Banquete de Conxo.