15/04/22

Entrevista a Calros Solla: "Quixen escribir un libro para abraiarse, para manter esperta a capacidade de asombro"

Máis de 100 historias extraordinarias escolmadas de 120 anos de prensa galega, de entre 1848 e 1968. Este é o contido de Crónica da Galiza Bizarra o segundo volume do “gabinete de curiosidades” que Calros Solla está a publicar da man de Morgante. Un libro non só para abraiarse, tal como sinala o autor, senón tamén para pensar sobre o cambio de mentalidades ou sobre a transformación da prensa de sucesos. Falamos co seu autor. 

Información en Praza Pública