Hai dez anos naceu a asociación Galicia Fiddle para fomentar o violín na música tradicional. Impulsado polo mestre Alfonso Franco, o proxecto celebra a súa primeira década cun disco, 'Acanteira', que mostra o que rapaces e rapazas poden facer coas músicas populares cun violín e sen depender dunha partitura.