A experiencia dunha alumna calquera durante o COVID-19.
Moitas veces dise que as chamadas clases online van ser o estándar na educación,
ao ser estas moito máis adaptábeis á nova normalidade á que nos temos que
acostumar. Porén, en poucas ocasións tómase en conta a opinión e a experiencia
dos nenos e mozos durante esta crise; velaquí a miña, unha simple alumna de 4º
da ESO.
Cando anunciouse a suspensión das clases durante
inicialmente 15 días todo o mundo estaba saltando de alegría, pois pensábase
que durante ese tempo estariamos nunha especie de vacacións. Mais despois de
ser a segunda prórroga aceptada, penso que xa a maioría sabiamos que non
volveríamos a pisar o instituto este curso.
Subestimouse por completo esta pandemia, aínda recordo
que o mesmo xoves que se cancelaron as clases dous compañeiros fixeron unha
exposición afirmando que “o coronavirus non é tan nocivo coma se estaba a
dicir”.
Volvendo ao tema de estar na casa, eu, persoalmente, o
levei bastante ben. Puiden organizarme para facer as miñas tarefas e mantiven o
contacto cos meus amigos. Aínda que en algunhas materias os mestres puxeron
demasiados deberes, sobrevivín. Ademais das xa ditas tarefas, ao estar na casa
tamén tiven moito tempo para pensar e para centrarme en proxectos máis
persoais, o que nunca vén mal.
O único que non me remata de convencer é o método das
clases. Aínda que nunca fixéramos algo así, creo que habería que buscar outro
xeito de impartir leccións de cara ao ano que vén, como por exemplo ter un
horario máis fixo e ter máis contacto cos profesores ao explicar os temas.
Na miña opinión, penso que xa está asumido o feito de que
as clases online van a ser o panorama que teremos para o ano, polo que é
necesario o xestionalo de forma correcta.
4º ESO B Marta Justo Brañas