17/05/20

A música do confinamento


A corentena da COVID-19 fíxonos valorar moitas cousas que no noso día a día non as apreciamos, unha delas é o papel que xoga a música nas nosas vidas. As veces, as persoas non nos decatamos de que a música está presente todos os días nas nosas rutinas; pois escoitamos música cando imos no coche, cando andamos pola rúa, cando asistimos a algún evento ou concerto, cando nos soa o móbil ou simplemente cando estamos a realizar algunha tarefa na casa. Ao estar confinados, démonos de conta dese papel tan importante que en moitas ocasións fainos sentir mellor emocionalmente e recórdanos situacións alegres ou momentos importantes. No confinamento, puidemos observar como moitos artistas coñecidos e agrupacións musicais de todas as idades e de todo tipo de estilos xuntáronse para seguir a interpretar música e así facerlle a xente a corentena máis levadeira ou, simplemente, entreterse eles mesmos coa súa afección. Todo isto, foi unha mostra de que moitas persoas “non poderían vivir sen música”. Algúns exemplos desas xuntanzas virtuais foron a nova versión da canción “Resistiré”, creada orixinariamente polo Grupo dinámico e interpretada por cantantes actuais ou, tamén, a canción “Viva la vida” de Coldplay

Houbo ademáis outras moitas agrupacións e artistas que fixeron concertos telemáticos e gravacións grupais dende as súas casas, sen irnos máis lonxe da nosa cidade, os alumnos das bandas, coros e agrupacións de cámara do conservatorio de música da Coruña interpretaron conxuntamente varias pezas (como o Himno galego) para seguir mantendo esas rutinas coa música dende os seus fogares, algo que foi moi chamativo por outra parte xa que chegáronse a xuntar máis de 100 alumnos das diferentes especialidades nun mesmo vídeo.


 Alumnos do conservatorio da Coruña interpretando conxuntamente o Himno Galego durante o confinamento. 
17 de maio de 2020

4º ESO B Marco Castro Fontela