A corentena da COVID-19 fíxonos valorar moitas cousas que no noso día a día
non as apreciamos, unha delas é o papel que xoga a música nas nosas vidas. As
veces, as persoas non nos decatamos de que a música está presente todos os días
nas nosas rutinas; pois escoitamos música cando imos no coche, cando andamos
pola rúa, cando asistimos a algún evento ou concerto, cando nos soa o móbil ou
simplemente cando estamos a realizar algunha tarefa na casa. Ao estar
confinados, démonos de conta dese papel tan importante que en moitas ocasións
fainos sentir mellor emocionalmente e recórdanos situacións alegres ou momentos
importantes. No confinamento, puidemos observar como moitos artistas coñecidos
e agrupacións musicais de todas as idades e de todo tipo de estilos xuntáronse
para seguir a interpretar música e así facerlle a xente a corentena máis levadeira
ou, simplemente, entreterse eles mesmos coa súa afección. Todo isto, foi unha
mostra de que moitas persoas “non poderían vivir sen música”. Algúns exemplos desas
xuntanzas virtuais foron a nova versión da canción “Resistiré”, creada
orixinariamente polo Grupo dinámico e interpretada por cantantes actuais
ou, tamén, a canción “Viva la vida” de Coldplay.
Houbo ademáis outras moitas
agrupacións e artistas que fixeron concertos telemáticos e gravacións grupais
dende as súas casas, sen irnos máis lonxe da nosa cidade, os alumnos das bandas,
coros e agrupacións de cámara do conservatorio de música da Coruña
interpretaron conxuntamente varias pezas (como o Himno galego) para seguir
mantendo esas rutinas coa música dende os seus fogares, algo que foi moi
chamativo por outra parte xa que chegáronse a xuntar máis de 100 alumnos das
diferentes especialidades nun mesmo vídeo.
Alumnos do conservatorio da Coruña
interpretando conxuntamente o Himno Galego durante o confinamento.
17 de maio de 2020
4º ESO B Marco Castro Fontela