31/03/24

BASES DO CERTAME LITERARIO DAS LETRAS GALEGAS DO IES MONELOS 2024

Luísa Villalta. Letras Galegas 2024

PRIMEIRA.- Poderá participar neste certame calquera alumna/o matriculada/o no IES Monelos durante o curso 2023-2024. Para este concurso estableceranse dúas categorías: -1ª Categoría (1º, 2º e 3º ESO). -2ª Categroría (4º ESO e Bacharelato). 

SEGUNDA.- Cada participante de cada unha das categorías poderá presentar unha proposta a calquera das dúas modalidades: Poesía e Narración breve. - Modalidade de poesía: presentaranse dous poemas como mínimo, de tema e forma libres. - Modalidade de narración breve: a extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e o tema libre. 

TERCEIRA.- Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados. 

CUARTA.- Deberán estar escritos con ordenador, en tamaño A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12; paxinados e sen asinar. 

QUINTA.- Os traballos presentaranse por correo electrónico enviándoos á dirección endliesmonelos@gmail.com. No asunto figurará o PSEUDÓNIMO do autor. No corpo do texto figurarán o PSEUDÓNIMO, TÍTULO DA OBRA e MODALIDADE. Enviaranse dous arquivos adxuntos en PDF. O primeiro deles coa ficha de inscrición do concursante sinalando o seu nome, apelidos, idade e curso; no segundo arquivo irá o traballo que levará o PSEUDÓNIMO e o TÍTULO da obra. 

SEXTA.- Haberá un premio por modalidade, aínda que o xurado poderá declarar deserto calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. O importe dos premios será de: Modalidade de poesía 

1ª categoría: vale de 30 €. Modalidade de narración breve 

1ª categoría: vale de 30 €. Modalidade de poesía

2ª categoría: vale de 30 €. Modalidade de narración breve

2ª categoría: vale de 30 €. 

 SÉTIMA.- O prazo de entrega de traballos comeza o 8 de abril e remata o día 3 de maio de 2024. 

OITAVA.- A composición e o fallo do xurado darase a coñecer 13 de maio de 2024. 

NOVENA.- A organización do Certame publicará os traballos premiados na revista dixital do EDLG do IES Monelos Camiño do Corgo. Tamén poderán ser publicados algúns traballos non premiados se o xurado o considera oportuno. 

DÉCIMA.- O xurado e a organización do certame están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante a aparición dalgún imprevisto non recollido expresamente nas presentes bases. A participación neste certame implica o coñecemento e a aceptación íntegra destas bases.

RESUMO | UE CORNELLÀ 0-1 DEPORTIVO | PRIMEIRA FEDERACIÓN | 30.03.2024

 

Que está a pasar na Mariña?

 Información de Jorge Guitián en Vinte

Unha mesa no restaurante A Lonxa de Burela. © Unha mesa no restaurante A Lonxa de Burela.

24/03/24

O DEBATE | É economicamente positiva para Galicia celulosa de Altri?

O debate sobre a celulosa proxectada en Palas de Rei (A Ulloa) polo conglomerado de Altri e Greenalia marca a actualidade política e económica da Galicia. Debaten sobre o proxecto o economista Marcelino Fernández Mallo e a presidenta de Lugomadera, Carmen Gayoso.

Informe de Xacobe Ferreiro (coordinador) en Nós Diario

  Feira do queixo de Arzúa, centrada na DO Arzúa-Ulloa, a segunda do Estado en produción de queixo. (Foto: Nós Diario).

'O Corno' arrasa nos Mestre Mateo con sete premios, incluído o de Mellor Longametraxe: consulta aquí todas as gañadoras

A cinta dirixida por Jaione Camborda destaca nunha na que 'Matria', de Álvaro Gago, recibiu outras cinco estatuas e mantivo unha interesante batalla até o final da noite por ver quen se facía con máis.  
 
 
  Foto de familia das gañadoras e gañadores dos Premios Mestre Mateo 2024. (Foto: Aigi Boga / AGA)

Galicia vivirá unha primavera “máis cálida do normal”

Segundo a AEMET, as temperaturas invernais estiveron 1,8 graos por enriba da media habitual para esta época do ano

Información en GCiencia

Os meses de abril, maio e xuño serán máis cálidos do normal, segundo os primeiros prognósticos.

 

 

N de Nutrición: os galegos do medievo xa comían filloas e polbo (pero non á feira)

 

Resumo #PrimeiraFederación | CF Rayo Majadahonda 0-2 DEPORTIVO | Xornada 29, Grupo 1

 

23/03/24

Entrevista a Eva Veiga: "O inicio da TVG foi un momento histórico para o país, foi a primeira vez que Galicia se miraba a si mesma"

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Eva Veiga © Apiario

Entrevista a The Rapants: "O que buscamos é afrontar todo o que poida xurdir no noso día a día evadíndonos das malas vibras a través da música"

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

The Rapants © Andrea Freckleseye

Unha ducia de protagonistas dos Premios Mestre Mateo, a gran noite do audiovisual galego

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Rapa, con 16 opcións de premio, encabeza a listaxe de finalistas
 

Nuno Pico: “Nesta nova fornada da música galega hai un maior distanciamento con Portugal”

A reforma da contorna das Casas de Franco segue enquistada

 Información Xornal da Coruña


 

Máis pisos turísticos, menos para alugar: as cidades galegas, escenario da presión que limita o acceso á vivenda

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

 

22/03/24

…The Rapants tamén falan galego!

Mariscadores da ría do Burgo urxen axudas cando conclúa o dragado e mentres non poidan mariscar

 Información en Xornal da Coruña

Arquivo - Ría do Burgo. MINISTERIO DE TRANSICIÓN ECOLÓXICA - Arquivo

Anxo Araújo : Aprender a bailar

 Información de Noel Feáns en Praza Pública

Anxo Araújo © Aigi Boga

Ao norte do norte: máis alá do Trópico de Mondoñedo

 Información de Jorge Guitián en Vinte

Proias, unha de Neda e outra de Pontedeume. CC-BY-SA Jorge Guitián

V Semana do Cinema Galego: 45 candidaturas aos Mestre Mateo en cinco días de película na Coruña

 
Carteis das películas da V Semana do Cinema Galego © Semana do Cinema Galego

'Unha inimiga do pobo', de Talía Teatro, triunfa nos María Casares con sete premios

 Información en Praza Pública

Un momento da gala dos Premios María Casares de Teatro, celebrada o 21 de marzo de 2024 no Rosalía de Castro © Corsino

Monelos no Ar. Programa nº 4 en directo

Programa coordinado polas profesoras Mónica Alonso e Elena Conde.

Na técnica Alejandro Lorenzo (1º Bac)

Na condución Raúl Orosa e Eva Paz (2º ESO)

O sumario estivo centrado en dous aspectos:

1º As Olimpiadas europeas

2º Entrevista ao profesor de lingua e literatura castelá do noso centro Antonio Frade Fraga.

Emitido e gravado (22 de marzo de 2024)

 

A Torre do reloxo de San Roque - A Arnoia

 

21/03/24

Radio Monelos: Elas foron. As costureiras

Programa elaborado polas alumnas de 2º de ESO Inés Insua e Eva Paz

Primeiro anuncio publicado en galego na revista "O Tío Marcos d'a Portela" en 1876  é dunha máquina de coser
María Miramontes, galeguista e muller do editor de "Nós" Ánxel Casal, exerceu a profesión de modista na Coruña
Comisión que entrega nas Cortes da II República o Estatuto galego refrendado en xuño de 1936. A  única muller presente na fotografía é María Miramontes.

Radio Monelos: Elas foron. As peixeiras

 Programa elaborado polas alumnas de 1º ESO Daniela Barro e Laura Virosta


 

A BANDA DA LOBA ft Tomé Mouriño - Cruel filosofía (Luísa Villalta)

 

Arroz Hacker, Manda Truco, Aniversarios,... as SECCIÓNS do XABARÍN

 

20/03/24

17/03/24

Gañadoras do concurso do "Día da nena e da muller na ciencia" (11 de febreiro) e "Día da muller" (8 de marzo) do IES Monelos

As alumnas que se mencionan foron as gañadoras do concurso do "Día da nena e da muller na ciencia" e do "Día da muller" 2024 organizado pola Biblioteca e EDLG do IES Monelos. A entrega dos premios realizouse o xoves 14 de marzo. Parabéns ás gañadoras!

Zeltia Deus Martín (1º ESO A)

Iria Hidalgo Novo (2º BAC A)

Noa Vázquez Fuentes (2º ESO A)

Laura Virosta Peón (1º ESO B)

É Galicia un país rural, agrario e atrasado? Antón Bahamonde e Daniel Hermosilla desmontan este tópico: "A imaxe que os propios galegos creamos de Galicia como un país atrasado e sen industria fainos perder posibilidades"

Escribiu John Maynard Keynes que "a dificultade non está tanto en desenvolver novas ideas, máis ben radica en escapar das vellas". É Galicia un país urbano? Todos os datos e a realidade que vive a inmensa maioría da poboación galego amosan que é así, malia que persiste un imaxinario -propio e alleo- que segue a definir Galicia como un país eminentemente rural. É Galicia un país desenvolvido, moderno, semellante a calquera territorio da nosa contorna europea? Parece obvio que si, que Galicia é (para ben ou para mal) un país normal, como rezaba aquela xa vella campaña promocional de Vieiros de hai uns 15 anos, con debilidades e fortalezas.

Agora ben, é Galicia un país industrial? Ao falarmos de industria en Galicia, mesmo sacando de enriba estereotipos xa desbotados dun país agrario, atrasado e minifundista, veñen a cabeza os estaleiros das rías de Vigo e Ferrol, industrias de implantación como ENCE ou Alcoa ou grandes nomes de éxito como Inditex e Stellantis, pero entendidos como illas, como milagres e como excepcións nun terreo ermo, avellentado e sen futuro.

En Galicia, distrito industrial (Galaxia) Antón Baamonde e Daniel Hermosilla buscan desmontar estas ideas preconcibidas e erradas, amosando que Galicia posúe un sector industrial rico e variado, formado por unha miríade de empresas medianas e pequenas moi ben consideradas nos seus sectores, modernas, de alto valor tecnolóxico e cunha grande énfase na innovación e no deseño e moi internacionalizadas. Unha rede que xa está a cooperar entre si para xerar produtos de maior valor engadido e que conta, ademais, cun mercado local moi importante, que abrangue cada vez con máis naturalidade o norte de Portugal.

Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

 

O IES Rosalía Mera, “unha referencia da formación profesional en Galicia”

 Información en Xornal da Coruña


 

Entrevista coa Valedora do Pobo Dolores Fernández Galiño: "A cidadanía galega toma conciencia de que queixarse forma parte do exercicio dos seus dereitos"

 Información de David Reinero en Praza Pública

Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, en entrevista con Praza.gal CC-BY-SA Praza Pública

Luísa Villalta paixón e compromiso 1

 

Resumo | DEPORTIVO 1-1 CE SABADELL | PRIMEIRA FEDERACIÓN | 16.03.2024

 

A cara B do novo campo de Eirís

 
Un responsable do CD Eirís falando cun cos edís do PP

 

 

ZAPATILLAS #20 | CHAMPI MUROS | "O HUMOR axúdame a DESCONECTAR cando teño un MAL DÍA"

 

15/03/24

Unha ducia de recantos a descubrir nos camiños a Santiago (fóra de Compostela e do Camiño Francés)

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Sobrado dos Monxes
 

O XXVIII Rally da Coruña inaugura o Campionato da Galiza de Rallys

 Información en Nós Diario

  Víctor Senra e David Vázquez gañaron o último Rally da Coruña. (Foto: One Seven Racing).

A barbarie de Israel sobre Gaza, protagonista do cartel da Rede Acampa 2024

 Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña


 

Simon R. Doubleday, profesor de Historia en Nova York: "Galiza e Portugal eran centrais no século XI e Castela, periférica"

 Información de Heitor Picallo en Nós Diario

  O hispanista e editor fundador da revista 'Journal of Medieval Iberian Studies', Simon R. Doubleday. (Foto: Nós Diario).


 

Están en auxe os podcast en galego?

 Información de Alba Regueiro en Nós Diario

(Foto: UNSPLASH / CC / WILL FRANCIS)

Máis mentiras sobre o galego

 Información de Elisa Quinta Alborés en Nós Diario


 

 

Correlingua leva a festa do galego a once localidades: consulta aquí o programa completo

 
  Xerardo R. Roca, Suso Bermello, Celia Armas, Goretti Sanmartín e Anxo Terán, esta sexta feira, presentando o Correlingua 2024. (Foto: Nós Diario)

 

The Rapants: «Nos nosos concertos hai moito amor, queremos que todos e todas 'morreen'»

 Información de Javier Becerra en Fugas de La Voz de Galicia

Andrea Freckleseye
 

Visita das bibliotecarias do Castrillón ao alumnado de 1º ESO

A Biblioteca do noso centro e o EDLG organizamos en colaboración coa Biblioteca do Castrillón unha actividade que se desenvolve en dous tempos. O venres pasado día 15 de marzo volveron visitarnos Alicia e Luísa, as nosas xa coñecidas bibliotecarias da Biblioteca do Castrillón. Desta volta, Alicia e Luísa realizaron unha serie de actividades co alumnado de 1º ESO A e 1º ESO B.Partindo dunha presentación explicáronlles aos pequenos quen é a autora homenaxeada este ano o día das Letras Galegas; logo disto, e co material preparado tamén por elas, o alumnado elaborou as súas propias creacións que leron na aula e que se expoñerán cara ao día das Letras na biblioteca. Unha actividade coa que disfrutaron moito foi coa elaboración d’O cadáver exquisito.


Ademais da presentación, Alicia e Luísa convidaron os pequenos e pequenas a visitar a biblioteca do Castrillón o día 20 de marzo xa que María Canosa realizaba unha presentación sobre Luisa Villalta e o libro q se lle dedica á homenaxeada e co que traballamos na aula: Luísa Villalta. Melodía de palabras

E ali estivemos o dia 20. A visita á Biblioteca do Castrillon foi moi entretida. María Canosa falounos do proceso de creación das biografías sobre mulleres e, ademais da de Luisa Villalta, falounos da de Emilia Pardo Bazán e da de Maruxa Mallo. Unha actividade diferente!