21 días co galego e máis é un programa de dinamización lingüística que nace no IES da Pobra do Caramiñal no 2013 impulsado pola profesora Pilar Ponte. Desde o 2019 o proxecto está promovido pola Secretaría Xeral da Lingua e medra ano a ano na procura da normalizar o uso do idioma galego entre a rapazada dos centros de ensino do noso país.
No CEIP dos Tilos, no concello de Teo, nenos e nenas viviron a experiencia este ano de participar no programa baixo o lema Unha escola de película. As cámaras de Nós Televisión estiveron neste centro de ensino para falar co alumnado e profesorado e facer esta reportaxe audiovisual producida e realizada por Nós Televisión, coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia.