10/01/26

Radio Monelos: Programa sobre Ramón Otero Pedrayo

Este 2026 que comeza vai ser o Ano Otero Pedrayo, coincidindo co 50 aniversario do seu falecemento en 1976 e do centenario da publicación da Guía de Galicia, unha das súas grandes obras. "Figura esencial das letras, do pensamento e da identidade galega contemporánea", segundo destaca a declaración institucional aprobrada polo Parlamento hai unhas semanas, o escritor, ensaísta, xeógrafo, político e profesor ourensán foi un dos "piares do florecemento cultural e intelectual de Galicia, representante dunha xeración que soubo vincular o galeguismo coa defensa da cultura universal e co compromiso coa nosa terra".

O programa de Radio Monelos foi realizado polos alumnos de 1º ESO Mario López e Tomás Riera.

 
Instituto Ramón Otero Pedrayo (A Coruña) veciño do IES Monelos e onde estudaron moitos dos nosos alumn@s