venres 5 de decembro ás 20 horas, Xurxo Souto presentará en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga 22 - A Coruña) seu último libro: "A novela do Bravú" editado por Xerais. O autor estará acompañado de Marisol Manfurada.
Isto non é (só) un libro de Música: Velaquí a experiencia colectiva dun fato de xente nova que, nos anos noventa, decidiu saír do rego do discurso dominante e -co poder da lingua galega- dialogar con vehemencia coa súa proìa realidade. Proclama que transcendeu dende as marxes e deixou pegada en toda a súa xeración. A ruta continúa. Porque, como dixo Miguel Anxo Murado: "Na antítese da morriña está o bravú".
