15/05/25

Entrega dos XX premios de fotografía Xurxo Lobato

O 12 de maio fíxose entrega dos premios de fotografía Xurxo Lobato organizada pola Asociación de exalumnos do IES Monelos. Nesta vixésima edición celebrouse no salón de plenos do Concello da Coruña presidida pola alcaldesa Inés Rey. Neste concurso, onde participaron máis de 100 alumnas e alumnos de distintos centros de educación secundaria de toda Galicia enviando máis de 400 fotografías, participaron dous membros do noso centro: a alumna de 1º de ESO Nerea Márquez Díaz e o alumno de 2º de bacharelato Alejandro Lorenzo Naya.

Os gañadores deste certame foron:

1º premio  

"Marcado" de Bruno Álvarez Giménez do IES Sto. Tomé de Freixeiro (Vigo)

2º premio 

"Afogada en silencio" de Ashlee Sofía Rengifo Hincapie do IES Durmideiras (A Coruña)

3º premio 

"Retrato de artista" de Sarai Fernández Barreiro do EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela)

Premio especial 20 aniversario á mellor fotografía que reflicte a cidade da Coruña

"Faro da nosa vida" de Nerea Márquez Díaz (IES Monelos)

Por outro lado houbo dez finalistas e tres mencións de honor na que destacou:

"Luz entre sombras" de Alejandro Lorenzo Naya (IES Monelos)

Parabéns aos agraciados!