29/01/24

Os clubs de fútbol galegos únense á campaña "Aquí tamén se fala galego"

Cando Arsenio conseguiu deter un diluvio, o Dépor fixo historia. Cando o Racing decidiu abandonar os infernos, comezaron a soñar cos ceos. Cando no 92 o CD Lugo colleu con firmeza o sacho, os campos da muralla tinguíronse para sempre de vermello e branco. E cando o Celta acadou a excelencia estética dentro dun campo de fútbol, puxo a bailar "A Rianxeira" a toda Europa.

Hoxe o fútbol galego vai, de man dadas, nun novo paso que virá marcar un antes e uns despois. Porque o fútbol profesional galego: Dépor, Racing, Lugo e Celta, berra con orgullo que en Riazor, na Malata, no Anxo Carro e en Balaídos "Tamén se fala galego".

Máis información en Aquí tamén se fala