09/12/23

Unha ducia de carteis da Transición do Fondo Miguel Gutiérrez na web do CCG

Este 4 de decembro, coincidindo co aniversario das masivas mobilizacións polo autogoberno que tiveron lugar en 1977 e 1979, o Consello da Cultura Galega puxo na rede unha parte do Fondo Miguel Gutiérrez, composto por propaganda e publicidade política da Galicia da Transiciónque está a ser catalogado polo Grupo de Investigación HISPONA da USC. Velaquí algúns exemplos, que percorren mobilizacións sociais, carteis electorais e outros elementos.
 
 
Xogo de oca do BNPG