01/09/23

Xa está na rede “Ruando”, o novo vídeo de Mondra

Mondra representa como ninguén a nova xeración de creadores que está a revolucionar a escena folclórica de Galicia. Neste novo single RUANDO que serve de adianto do seu primeiro disco que se vai a publicar o 22 de setembro, conta coa voz dunha Tanxugueira: AIDA. Mondra é artista, cantareiro e bailador. Con ARDĒN, o seu primeiro traballo, presenta unha experiencia musical, visual e performativa, en diálogo coa música tradicional galega.

Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña