21/09/23

«O caso de Palmira» | Reb/veladas na paisaxe IV

 Atrévete a adentrarte no Bosque de Galicia e coñecer o fogar de Palmira nesta intervención artística de Rebeca Lar que, encadrada no ciclo #Rebveladasnapaisaxe, propón outras lecturas da figura da meiga. Baixo o comisariado de Clara Cordeiro, a artista viguesa lembra e homenaxea a todas aquelas mulleres bruxas, e tamén comadroas, transmisoras de coñecemento, perseguidas pola Inquisición, marxinadas, rebeldes e independentes que nos precederon ao longo da Historia.