Segundo episodio do Terceiro Tempo, unha serie de conversas-happening
coas voces poéticas máis interesantes do noso panorama novo, que ten
como epicentro o Café Universal da Coruña. Un espazo e un tempo para a
vivir a acción poética doutro xeito, á calor do amor nun bar e gozando
da conversa, da performance, da música, da bebida e do baile.