Lourenzo Fernández Prieto ingresa o sábado 3 de xuño na Real Academia Galega como membro de número nunha sesión extraordinaria pública que terá lugar no teatro Jofre de Ferrol a partir das 12:00 horas.
O historiador dará lectura ao discurso titulado A memoria, a historia e a política. A esquecida polémica Cela versus Paz-Andrade sobre a lexitimidade democrática, a memoria republicana e a Autonomía de Galicia en xullo de 1977.
Daralle resposta en nome da institución o coordinador da Sección de Historia, Ramón Villares.