12/06/23

40 anos da unanimidade que aprobou a Lei de Normalización e abriu "unha nova etapa" para a lingua malia os "atrancos"

O 15 de xuño de 1983, hai 40 anos, o Parlamento galego aprobou por unanimidade a Lei de Normalización Lingüística, que comeza dicindo que "o galego é a lingua propia de Galicia" ou que "os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega". A norma recolle o carácter do galego como "lingua oficial" no ensino, a obriga do seu uso nos medios públicos de comunicación ou a aposta pola produción audiovisual en galego.

Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

O Parlamento aprobou a Lei de Normalización Lingüística cando a súa sede era o Pazo de Fonseca © Parlamento de Galicia