27/05/23

Entrevista a Ramón Usall: "Desconfío de quen pide non mesturar fútbol e política"

O historiador e escritor catalán Ramon Usall (Lleida, 1977) vén de publicar na editorial galega Menino Morreu Máis do que unhas cores (Menino Morreu), unha obra na que percorre diferentes países da Europa Occidental repasando o papel político, social e de reivindicación que moitos clubs de fútbol -tamén xogadores- teñen e tiveron na historia. O libro segue o ronsel doutros antes publicados polo autor en catalán e castelán (Futbol per la llibertat ou Futbolítica) nos que reflexiona sobre o papel político que este deporte xogou desde as súas orixes. Agora faino en galego e con especial atención a Catalunya, o País Vasco ou Irlanda, pero tamén con capítulos dedicados ao Celta e ao Deportivo. 

Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Ramon Usall, historiador e escritor, autor de 'Máis do que unhas cores' CC-BY-SA Praza Pública - Cedida