11/05/23

A escritora Andrea Maceiras no IES Monelos (10/5/2023)

Organizado polo departamento de Lingua e Literatura Galega do IES Monelos a escritora Andrea Maceiras o mércores 10 de maio.

E por que nos visitou esta autora? Porque o alumnado de 1º ESO A e 1º ESO B leu este curso Conta nove estrelas, un libro que os engaiola e do que queren saber máis. Andrea compartiu con nós, alumnado e profesorado, unha presentación na que vai explicando o proceso creativo e as vivencias que a levaron a construír este relato. De todo isto, o que máis lle chamou a atención ao alumnado foi o referente dos “bobós”, que non é outro que o gato da propia autora. Os nenos e as nenas realizáronlle preguntas a Andrea con moito enstusiasmo, incluso algunhas delas foron sobre outros libros que tamén leron. Andrea, coas súas palabras, transmitiunos o seu amor pola literatura e animou os pequenos a seren creadores das súas propias historias. Para rematar, a autora asinou libros cunha dedicatoria persoal. Foi esta unha visita moi interesante, agardamos que se volva a repetir.