10/04/23

3ª EDICIÓN DO CONCURSO “HAI DEBATE” ORGANIZADO POLO EDLG DO IES MONELOS COA COLABORACIÓN DO DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA E XEOGRAFÍA E HISTORIA

BASES E OBXECTIVOS 
 
1. Poderá participar todo o alumnado 1º bacharelato matriculado no IES Monelos no curso 2022-2023. 
 
2. O obxectivo do concurso é fomentar o uso oral da lingua galega por parte do alumnado deste nivel. Por outro lado preténdese fomentar un ambiente de tolerancia dentro das discrepancias que hai dentro das opinións que mantemos as persoas. 
 
3. O concurso durará 2 semanas. Empezará na semana do 17 de abril de 2022 e rematará na semana do 24 ao 28 de abril. 
 
4. O concurso desenvolverase coa colaboración do departamento de filosofía e desenvolverase nas sesións de aula destes niveis.
 
5. O tema escollido na fase inicial e final quedará establecido polo departamento de filosofía. 
 
6. O concurso estará estruturado da seguinte maneira: • Durante a primeira semana (17 ao 21 de abril) desenvolverase un debate nalgún dos grupos de 1º de bacharelato. • Na semana do 24 ao 28 de abril realizarase a final. 
 
7. As sesións dos debates poderán ser gravadas. 
 
8. Haberá dous premios únicos por cada nivel: 
 
• 1º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo’s Bar. • 2º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s Bar. 
 
9. A participación neste concurso suporá a aceptación destas bases.