O #MuseoGaiás exhibe a partir da vindeira semana, e por vez primeira en España, o diario manuscrito do escritor austríaco #StefanZweig no que describe a súa visita a Vigo e augura o ascenso do nazismo en Europa.
Trátase dun documento histórico excepcional, conservado no Arquivo da Literatura da Universidade de Salzburgo, e tamén presente no libro máis destacado de #Zweig e un dos principais da literatura europea contemporánea: ‘El mundo de ayer’.
Teremos a oportunidade de contemplar esta peza en #DetrásdoEspello, unha exposición que se propón explorar o vencello con Galicia de medio centenar de grandes figuras da cultura universal. O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e os comisarios da mostra, Antón Reixa e Xosé Luis García Canido, asistiron aos traballos de colocación en sala desta peza única.