12/03/23

O deseñador gráfico, ilustrador e viñetista Luis Davila gaña o Premio Trasalba, que entrega a Fundación Otero Pedrayo

Destácase "a implicación" de Davila "na defensa da nosa lingua" e "a proximidade social das mensaxes que formula en defensa do galego". A acta do acordo subliña ademais "a calidade do humor gráfico e a popularidade das viñetas" de O Bichero, que "transmiten un compromiso e unha modernidade que sería moi do gusto de don Ramón". O acto de entrega celebrarase o vindeiro 25 de xuño.