18/03/23

Entrevista a Pepe Cunha: "A CRTVG non apostou por divulgar a música galega e sen iso non se pode crear un público e unha industria"

 Nun país no que moitos proxectos culturais e xornalísticos dependente principalmente do entusiasmo dos seus creadores, o vixésimo aniversario dunha iniciativa de divulgación merece celebración e recoñecemento. O portal musical Ábrete de Orellas está a celebrar os 20 anos da súa web (que recentemente anovou a súa estrutura para visualizar mellor as crónicas de concertos, recensións de discos, novas e a axenda), aínda que o proxecto comandado polo ferrolán Pepe Cunha ten aínda máis traxectoria, pois o programa radiofónico do mesmo nome leva emitíndose dende o ano 1997, con máis de 500 edicións.

Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Pepe Cunha, 25 anos á fronte de 'Ábrete de Orellas' ©