Arantza Portabales, escritora, vén de publicar a súa terceira novela protagonizada polos inspectores Santiago Abad e Ana Barroso, O home que matou a Antía Morgade (Galaxia). Portabales somérxese na realidade das persoas que medran en vivendas tuteladas, xa que, como ela defende, “é unha forma de pór enriba da mesa a desprotección e a vulnerabilidade”.