“Diante un eco” é o oitavo disco do cantautor galego. Un título que fai referencia á concepción cíclica da historia, lamentablemente avalada pola deriva sociopolítica dos nosos días.
“Diante un eco” é tamén, para Sés, unha volta ao principio, pero dende o comercio e a madurez, e sobre todo dende unha visión alternativa de sofisticación, horizontal e intercultural. Unha sólida reafirmación na estética popular da que a cantante se considera amante e debedora, sen complexos e sen renunciar á calidade poética que a caracteriza.
SÉS, acompañada de toda a súa banda, volverá pisar as táboas dos principais escenarios de Galicia, Estado español e Latinoamérica, para presentar este novo disco en directo.
O sábado 10 de decembro ás 20:30 horas.