29/12/22

Nee Barros: "É interesante que sexamos as persoas autistas as que contemos as nosas propias historias"

 Información de Laura Veiga en Nós Diario

Nee Barros vén de recibir o V Premio María Victoria Moreno pola súa novela Nom estamos quebrades, escrita en galego reintegrado e cunha linguaxe non binaria e que sairá en abril coa editora Cuarto de inverno. Barros aborda as eivas na representación de determinados colectivos na literatura e nos espazos seguros xa que, como di, “intento dar voz a cousas que a min me gustaría que estiveran representadas”.

Tras publicar obra poética e teatral, Nee Barros iníciase na novela con 'Nom estamos quebrades' (Foto: Nós Diario).