13/12/22

Arte en Santiago (13-12-2022)

 A anagnórise ou recoñecemento (do grego antigo ἀναγνώρισις, recoñecemento) é un topos clásico da trama narrativa e, en particular, do teatro consistente en que un personaxe, após unha cadea máis ou menos complexa de vicisitudes, é recoñecido por outros (ou se dá conta el mesmo) na súa verdadeira identidade. 

A anagnórise aparece mencionada na Poética de Aristóteles e foi moi usada na comedia latina e no teatro barroco (Tirso de Molina, Calderón, Shakespeare). Un caso sería o de dous irmáns, separados por un naufraxio, que se atopan anos máis tarde, a punto de casar con alguén do contorno do outro. Edipo é un paradigma de recoñecemento tráxico, pois mata o seu pai e casa coa súa nai. 

A mestra e escritora Victoria Moreno, a quen se lle ten dedicado o día das letras galegas no 2018, ten unha novela que leva este título. 

A letra da canción composta pola banda da loba titúlase do mesmo xeito. 

Que a través dos vieros da arte, e do que isto representa, sexamos quen de recoñecermos en milenios de historia da humanidade. 

Este é o significado da música seleccionada.