Feitas ao sisel, o libro co que Diana Kurich vén de gañar o XVII certame de poesía erótica Illas Sisargas, é un poemario bailado antes que escrito. Unha danza de danzas entre a copla tradicional e a poesía actual que cuestiona a interpretación machista do baile tradicional ao mesmo tempo que o amor sometido aos ditados heteropatriarcais. Un percorrido por distintos tipos de baile que celebra, sobre todo, os afectos escollidos, construídos e reconstruídos cada día. A autora respondeu por correo electrónico as nosas preguntas sobre unha obra aínda inédita, pois vén de coñecerse a noticia do premio.