Estes dous videoclips de presentación do primeiro traballo en solitario de Ugia Pedreira, A Pedreira, completan un proxecto que incluía tamén CD, exemplares do poemario "A fuxida" e un concerto.
O primeiro dos videoclips, baseado no tema "Ser un máis", está elaborado con debuxos de Roque Treinta e animación de Xavier Belho. O segundo, "Mares sucados", presenta danzas de diferentes estilos. Para este proxecto,
A Pedreira contou tamén coa colaboración de Pierre-Yves Rougier, Marina Oural (dirección escénica), Alberto Casas (iluminación) e Xurxo Pinheiro (son).