Seguridade A1 é unha empresa de avangarda no sector da seguridade en Galicia. Na súa sede en Compostela celebrouse o pasado día 15 de xuño, o Día da Galeguidade Empresarial. Con este rubro o Foro Peinador vén convocando ao longo dos anos, actos de orixinais formatos para incorporar novas empresas ao movemento galeguizador nos ámbitos industriais e agroalimentario. Seguridade A1 que vén desenvolvendo desde hai anos a súa actividade en lingua galega, súmase a participar dos fundamentos do Foro Peinador apoiando e buscando liñas de encontro que favorezan o uso do noso idioma no ámbito das empresas. Na entrada da sede empresarial colocouse unha placa de bronce en recoñecemento e louva dunha empresa que é exemplo na galeguización empresarial.