Despois de dous aos sen celebración do Día da Ciencia na Rúa presencial como consecuencia da pandemia volveuse de novo ao parque de Santa Margarida.
O IES Monelos estivo presente con propostas e experimentos elaboradas polos departamentos de Física e Química e o de Tecnoloxía.
Radio Monelos estivo presente con dúas grandes reporteiras: Celtia Suárez e África Trillo de 4º ESO B que fixeron un seguimento en directo deste fermoso día da ciencia.