04/04/22

Os nomes da nosa terra - 1 - Barcia de Mera

 Microdocumental da Asociación Socio-Pedagóxica Galega que persegue difundir nas redes sociais, a través dun formato audiovisual atractivo, os feitos e historias que orixinaron os nomes de aldeas, leiras ou corredoiras que compoñen algúns dos máis de dous millóns de topónimos de Galicia. Para realizalo, contouse coa colaboración da veciñanza de cada un dos lugares cuxos topónimos se analizan, de persoas expertas en lingua, en pedagoxía e no audiovisual.