17/04/22

A Camisa, de Lauro Olmo

 A Camisa foi unha obra emblemática do teatro social, escrita polo valdeorrés Lauro Olmo e estreada en Madrid en 1962 no Teatro Goya. O concello do Barco de Valdeorras e o CCG promoven esta versión en podcast da obra, realizada a partir da tradución ao galego de Ramón de Valenzuela. 

O podcast está dividido en cinco episodios accesibles no Youtube e nas principais plataformas de podcasting.

 

A vida continúa no patio de veciños...os nenos seguen a xogar, repetindo quizáis os vicios e virtudes dos seus maiores, e María e Ricardo seguen a discutir salvaxemente. Aparecen en escena dous amigos de Xan: Sebas e Lolo. O primeiro está cos últimos preparativos para marchar ao estranxeiro, e ven despedirse como a ocasión o merece. Xan está totalmente en contra da idea de marchar, quere ficar na sua terra, pero iso cada vez semella máis complexo." 

 

 "O desexo de emigrar é algo que non ten idade nesta vila. Os adultos loitan por facer realidade a posibilidade de marchar, e os pequenos non poden facer máis que tratar de copialos, como Loliña e Nacho, que xa soñan, case antes de chegar a adolescencia, cun futuro lonxe do seu país. Lola soña tamén con darlles un futuro mellor aos seus fillos e toma a resolución de marchar á Alemania, xa que o seu marido, Xan, está decidido a quedar na súa terra. Durante a cea na súa casa debatirase esa decisión, con consecuencias imprevisibles..." 

  

Neste novo capítulo os veciños van presenciar o paso do satélite americano sobre o ceo nocturno, feito que será interrompido polos petardos lanzados polos nenos Agostiño e Nacho, provocando o caos e o desconcerto. Días despois, vemos como os problemas derivados da miseria non deixan de acentuarse: malos tratos, desexos de fuxida, frustracións…ante isto, un raio de esperanza xorde para Lolo, xa que resultou gañador da quiniela, con catorce resultados.