16/02/22

Naufraxio en Terranova: O terceiro sobrevivente do "Villa de Pitanxo" é un mariñeiro de Marín nacido en Ghana

 Información en Praza Pública

 15/2/2022 Un pesqueiro con base en Marín naufraga en Terranova e son rescatados tres dos seus 24 tripulantes. A alerta do Villa de Pitanxo recibiuse ás 5:24 da madrugada do 15 de febreiro -hora galega- e cinco horas despois foron achados tres sobreviventes. Pesqueiros galegos e portugueses e os servizos de rescate do Canadá colaboran nos labores de rescate, que xa recuperaron 10 corpos sen vida.