19/11/21

Abertura da Asamblea Xeral Elen en Compostela

 O Pazo de Fonseca acolleu a abertura da Asamblea Xeral da Rede Europea pola Igualdade das Linguas (ELEN), na que participan de maneira presencial 35 delegadas e delegados en representación de 47 linguas de 24 Estados europeos e que conta coa presenza virtual de Fernand de Varennes, relator especial para as minorías da Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos.

 A Rede Europea para a Igualdade das Linguas ten como obxectivo a promoción e protección das linguas europeas menos utilizadas, traballar no sentido de igualdade e para ser unha voz para os falantes de linguas a nivel local, rexional, nacional, europeo e internacional.