11/09/21

Eu son Balbino! 60 anos de Memorias dun neno labrego

Sesenta anos despois da súa publicación, 'Memorias dun neno labrego' segue a ser a obra máis editada e traducida da nosa literatura. Por que é tan especial este libro de Xosé Neira Vilas? Que segredos e verdades habitan entre as súas páxinas? Continúa presente a forza da lingua, do rural e da infancia? 
Neira Vilas condensa neste libro dedicado ás nenas e aos nenos que falan galego, a realidade rural do noso país como ninguén o fixera ata entón...e faino a través da mirada dun neno labrego, de Balbino, un neno pobre que bate coa inxustiza, a pobreza, a emigración... "Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo. Vexo sombras e luces, nubeiros que viaxan, lume, árbores […]
Ninguén me di para que serven as estrelas nin onde morren os paxaros...". Acompáñasnos na nosa viaxe a través dos 60 anos de 'Memorias dun neno labrego'