17/06/21

Hoxe poño a miña lingua!

 

Xa chega o verán e non sei que poñer.

Que poñerei hoxe? Hoxe poño a miña lingua!

Presentámosvos este proxecto interdisciplinar coordinado polo EDLG do IES Monelos e no que participan os Departamentos de Inglés, Lingua Galega e Tecnoloxía, coa colaboración de Vicedirección. Moitos dos alumnos e profesores deste centro usan camisetas e suadoiros con frases escritas en inglés e pensamos…

Que tal se lle damos unha volta a isto e vemos como soarían estas frases na nosa lingua, o galego? Ou mellor…

Que tal soarían nas linguas autonómicas, catalán, éuscaro e galego?

E se usamos a moda para poñer en valor as nosas linguas autóctonas?

Así que nos puxemos mans á obra para facer un proxecto no que integrar esta industria coas linguas e este é o resultado. Contamos coa participación do alumnado do IES Monelos que aportou as camisetas e participou na tradución dos textos ao galego e tamén co alumnado do IES Urbi de Basauri (Biscaia) e do IES Son Rullan de Palma de Mallorca (Baleares), que participaron nas traducións ao éuscaro e catalán respectivamente. Ademais tivemos a colaboración de Teo, na súa primeira tarefa escolar.

Pasa o rato polo collage para ver o resultado do traballo. Quedarás abraiado!

Este proxecto non rematou…ten outra fase máis da que vos iremos informando.

Grazas a todas e todos por participar!