Darío Burgos máis coñecido como Willow é un cantante galego procedente de As Neves. Forma parte do grupo GHZ xunto a Ganjack. Está presente nas plataformas dixitais como YouTube.
Unha pequena entrevista que lle realizamos a Willow:
-Como comezaches na música?
Empecei de cativo coa percusión na escola de música, estiven na Banda de Música Popular de Rubiós, logo continuei os estudos en Ponteareas no conservatorio e na Rock School. Tiven tamén un grupo de punk-rock chamado Liorta. Co rap empecei moi de neno tamén a escribilo e cantalo con Jackie (Ganjack) e logo no instituto xa máis maiores empezamos a xestionar a idea de GHZ que acabou ocurrindo uns anos despois).
-En que vos inspiráchedes para crear “Veleno” (unha das cancións favoritas polo público)?
Pois saliu un pouco espontáneo, eu fixen uns versos que sonaban ben, paseillos a Ganjack e el meteu os seus versos e deseguido fíxoo Hugo Guezeta (membro de Sondarúa).
-Cal é o teu idioma de base?
Eu falo galego de sempre e só galego, a non ser que sexa estrictamente necesario, Ganjack sen embargo é castelán falante.
-Con que músico che gustaría facer unha canción/colaboración?
Co grupo Rebeliom do Inframundo xa que nós comezamos con DJ Rapu (irmán de Ganjack) e co fundador de Rebeliom.
-Como é a vida de músico no día a día?
A de músico como profesional non sei, pero a miña é traballar, estudar, e gastar o tempo e o diñeiro en estudo de gravación, beats, videoclips, etc.
-Cal é a túa canción favorita para interpretar?
Un A Capella que soltaba coa letra sobre os incendios, a primeira vez que cantei Chapapote e a xente me seguía os versos, e cantar Veleno nos concertos de Sondarúa.