Ola, benvidos e benvidas á miña canle, Wendy Speaks Galego! Como se cadra xa adiviñaches, eu chámome Wendy, e nesta canle vou falar soamente en galego. O galego é unha lingua que me encanta, aínda que non o falo perfectamente, nin moito menos. A miña lingua materna é o inglés, eu nacín e medrei nos Estados Unidos, e actualmente vivo en Lisboa, Portugal. Falo varias outras linguas, sempre divírtome moito aprendendo linguas estranxeiras, e no ano 2020, cando me preparaba para facer o Camiño de Santiago, decidín aprender un pouco de galego.
Eu pensaba que este proxecto non iría moi lonxe, o meu obxectivo foi de memorizar algunhas frases e intentar usalas mentres estaba en Galicia, nada máis diso. Pero o galego enganchoume, decateime logo de que co meu coñecemento do portugués e do castelán, que xa falo a un nivel bastante avanzado, que podía entender moi ben o galego máis ou menos dende o inicio. De maneira que, sen necesidade de pasar moito tempo estudando manuais de gramática ou escoitando diálogos para principiantes, eu puiden ir directamente á parte que para min é a parte máis divertida do proceso de aprendizaxe dunha nova lingua. Ler novelas, mirar documentais, ou sexa consumir contidos en galego que son feitos para galegofalantes nativos.