08/05/21

Mª Xosé Sánchez, exprofesora do IES de Monelos, publica a súa novela "Serra"

Serra presenta, desde unha perspectiva realista, unha ficción que nos achega a un mundo singular, un espazo preservado entre dous estados, amado pola natureza e atesourado polos seus creadores e polos seus habitantes. Novela áxil, entretida e intrigante. Unha fabulación que engaiola, inserida na tradición literaria galega e na cosmovisión cultural occidental. María Xosé Sánchez é filóloga e profesora.