11/03/21

Xurxo Souto: "O retorno dos homes mariños". Xerais publica de novo a súa primeira novela

 Xurxo Souto coverteuse, por dereito propio, no narrador que mellor sabe ler o mar galego. En "O retorno dos homes mariños" rescata un mito coruñés esquecido: "Ás veces téñense visto nesta praia algúns peixes da mesma figura que homes e en todo se lles parecen, fóra que teñen mans e pés un pouco tortos por razón de andar sempre nadando como as ras. A estes peixes, semellárense tanto aos homes, chámanlles homes mariños." Tal escribiu Jerónimo del Hoyo, coéngo da Catedral de Santiago, tras visitar A Coruña no século XVII. A señora Laura, a sabia do mar, sabe todo o que se pode saber dos homes mariños. E Mercedes, que tamén é a protagonista da novela "A gran travesía de Chiruca Macallas", traballa nun taller textil. É "heavy" e soña con marchar polo mundo co seu conxunto musical. Cada noite, no taller, máis forte que o boureo das máquinas, sente unha voz que a chama: a canción do mar do Orzán.