01/03/21

A memoria viva. Centro Galego da Habana

 Reportaxe sobre o Centro Galego da Habana que ten o obxectivo de recuperar unha historia crucial do patrimonio cultural galego. Gravado principalmente no actual Gran Teatro da Habana Alicia Alonso, conta cos testemuños dos traballadores que custodian os arquivos e mesmo de persoas que viviron os anos previos á revolución castrista, cando o centro conservaba todo o seu esplendor e actividade.