06/02/21

Agra do Orzán, barrio de cemento

 Na parte oeste da cidade da Coruña sitúase a Agra do Orzán, un dos barrios con maior densidade de poboación de toda España. En apenas 0,4 quilómetros cadrados habitan 30 mil persoas. Esta é a historia dun barrio obreiro na que o cemento e os coches foron gañando espazo até expulsar ás persoas e ás árbores. A veciñanza leva décadas solicitando un parque no que poden desenvolver a vida en común. 

🎥 Nesta reportaxe, poñemos voz a unha loita compartida en moitos outros barrios conformados por traballadoras e traballadores.