15/01/21

Que é a meteoroloxía?

 Serie de vídeos sobre a a atmosfera e o clima. Elaboración de Xacobo de Toro e Jorge Gutiérrez. A meteoroloxía é a ciencia que trata de explicar o tempo atmosférico e que condicións dánse nun día determinado en base á temperatura, presión, humidade, choiva, etc que temos no momento. Para estudar o tempo, temos que estudar a atmosfera, que é onde se producen os fenómenos meteorolóxicos que estuda a meteoroloxía. Case todos ocorren na parte máis baixa da atmosfera, a mais próxima á superficie terrestre, nunha capa que se chama a troposfera. Alí é onde se forman as nubes, se producen os lóstregos e onde cae a precipitación en forma de choiva, neve ou sarabia. Outra cousa alucinante da atmosfera é que na seguinte capa da atmosfera, na estratosfera, atópase a capa de ozono, que nos protexe das radiación ultravioletas do sol que son terriblemente prexudiciais para a vida dos seres vivos.