09/01/21

Literatura galega: Xurxo Souto no #UniversoGalaxia con 'Pangalaica'

 

O 17 de marzo de 2020, Xurxo Souto recibe a chamada de María Obelleiro, directora de Nós Diario. A pandemia paralizou a actividade cultural. Pídelle que durante uns días escriba un pequeno texto para ocupar o espazo que deixou a axenda. É a escusa que precisa. 
Ao día seguinte aparece “Haberá primavera!”, a primeira entrega dunha longa serie —seis meses de petiscos literarios— para construír toda unha cosmovisión. Persoas e historias marabillosas que foi coñecendo, dende que, hai trinta anos, comezou a percorrer o país co primeiro disco dos Diplomáticos de Monte-Alto, Arroutada Pangalaica.
 #UniversoGalaxia [32] - Xurxo Souto - 'Pangalaica. Recortes poderosos. Talento e ruta'.