1. O concurso está organizado pola materia de Educación Plástica de 3º de ESO coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro.
2. O obxectivo do concurso sensibilizar ao alumnado nos valores da xustiza e da paz, implicándoos na resolución de conflitos de forma pacífica, partindo da súa realidade cotián e dos problemas de convivencia que existen no orde mundial.
3. No
concurso participará todo o alumnado de 3º de ESO. O traballo terá carácter
obrigatorio dentro da área de Educación Plástica e Visual.
4. A proba consistirá na elaboración dun cartel relacionado co tema do día da paz e da non violencia.
5. Os
carteis quedarán expostos nos corredores do instituto durante o mes de febreiro
de 2021.
6. O xurado
estará formado por un representante dos departamentos de filosofía, lingua
galega, educación plástica e visual; o representante do equipo de dinamización
da lingua galega e vicedirección.
7. Tamén
haberá un xurado popular formado por todo o alumnado do centro.
8. A entrega
dos carteis realizarase antes do venres 29 de xaneiro.
9. O mércores 3 de febrero o xurado reunirase no 1º recreo para deliberar e outorgar os premios aos carteis gañadores.
10. O xurado popular votará ao longo de toda a semana (do luns 1 de febreiro ao 5 de febreiro) polo cartel que considere mellor.
11. Haberá un gañador e un segundo clasificado que terán premio. Por outro lado o xurado popular (alumnado) concederá un único premio ao máis votado. Os premios consistirán: • O primeiro premio dun vale de 30 € • O segundo premio dun vale de 20 € • Un agasallo por parte do xurado popular.