Información de David Lombao en Praza Pública
Se houbese que situar no calendario o momento en que o PP galego decidiu dar un volantazo e romper os consensos en materia lingüística dos que o propio partido participara, é posible que a memoria política do país -caso de existir- sinalase o 8 de febreiro de 2009. Ás portas da campaña electoral galega, boa parte da cúpula da formación manifestouse en Santiago xunto a unha asociación denominada Galicia Bilingüe, que baseaba a súa existencia na denuncia dunha suposta persecución da lingua castelá en Galicia en xeral e nas aulas en particular. Naquela manifestación non participara Alberto Núñez Feijóo, que elixira esa fin de semana para celebrar actos de precampaña en Sudamérica.
Presentación do acordo sobre o novo decreto do galego no ensino, en febreiro de 2007, e fragmento da norma aprobada catro meses despois CC-BY-SA Foto: Xunta | Montaxe: Praza Pública