12/11/20

As miradas de Isaac (2020) | Videoinstalación de Cecilia Díaz Betz e Jordi Cussó

 A exposición conmemorativa do centenario do nacemento do artista, intelectual e humanista galego, Isaac Díaz Pardo (1920-2020), ‘As miradas de Isaac’, conta cun espazo central vertebrador do resto das seccións, no que se proxecta esta peza audiovisual de creación, dirixida pola fotógrafa e xornalista cultural Cecilia Díaz Betz en colaboración co realizador Jordi Cussó. Unha videoinstalación envolvente creada a partir de materiais de arquivo na que se propón un encontro con Isaac, sendo el mesmo quen nos relata en primeira persoa a súa vida e obra. Unha forma radicalmente diferente de reivindicar e lembrar a figura de Díaz Pardo, máis acorde coa súa propia visión vangardista, na que se quere revivir o seu universo e o seu espírito sempre aberto, tanxencial e polifacético.